Licenzas Federativas 2024

Licenzas Federativas 2024
29 de diciembre de 2023
Licenzas Federativas 2024
  • Licenzas Federativas 2024

Bos días a todos,

Dende a Federación Galega de Surf queremos desexarvos felices festas e un moi feliz 2024.

Aproveitamos a ocasión para indicarvos que as licenzas federativas 2023 deixarán de estar en vigor o 31 de decembro, xa podedes solicitar as novas licenzas federativas para 2024, no apartado FEDÉRATE da nosa web.

Así mesmo lembrarvos algunhas das vantaxes de estar federado:

- Federarte é practicar Deporte Seguro

É, probablemente, a vantaxe máis coñecida: o seguro médico. A túa licenza federativa de surf  inclúe cobertura médica en caso de accidente non só se estás a competir se non, tamen, cando adestras.  Todas as coberturas do seguro e protocolo a seguir en caso de accidente na sección descargas da nosa web.

- Federarte é Gozar do surf con garantías

A túa licenza federativa darache opción de competir nos circuítos locais, autonómicos ou nacionais, e por suposto, en todos os campionatos oficiais da federación. ¿Por qué é importante isto? Porque se tratan de eventos oficiais celebrados conforme a estándares de organización e seguridade recoñecidos.

- Federarte é Competir

Participar en probas federadas habilítache para aparecer na diferentes clasificación ou clasificacións oficiais (provincial, autonómico, nacional e internacional). Supón unha motivación extra para crecer e evolucionar deportivamente.
- Federarte é Formar parte

Ser federado ou federada é ser parte dun grupo de deportistas que comparten unha paixón e exhiben un mesmo compromiso. Dalgunha forma, a túa licenza federativa acredítache como representante do noso deporte, como embaixador/a do surf, e úneche ao resto de compañeiros/ as nunha comunidade que supera as 50.000 persoas en España.

Vémonos en 2024 un saúdo e boas ondas!! 

 

FEDÉRATE AQUÍ: https://www.fgsurf.org/associations/groups

 

Se tes agunha dúbida podes contactar con nos por whatsapp no número: 600530771

Federación Galega de Surf e Bodyboard