Campionato Galego de Clubes, kids e Xuvenil Praia de Soesto ( Concello de Laxe)

Campionato Galego de Clubes, kids e Xuvenil  Praia de Soesto ( Concello de Laxe)
2 de agosto de 2023
Campionato Galego de Clubes, kids e Xuvenil Praia de Soesto ( Concello de Laxe)

Campionato Galego de Clubes, kids e Xuvenil  Praia de Soesto ( Concello de Laxe)

Os días 11, 12 e 13  de agosto celebrarase na Praia de Soesto (Concello de Laxe) o Campionato Galego de Clubs, Kids e xuvenil. A FGS, na súa última asemblea, aprobou por unanimidade esta nova forma de campionato que se  desenrolará un dos tres días.

O Campionato Galego Kids e Xuvenil desenrolarase en dous días, é dicir, un día Kids, outro Xuvenil e outro clubs, según as condicións do mar.

Grazas á colaboración do Concello de Laxe, os clubs que o desexen poden acampar no pabillón de deportes do concello. Nese caso, poden solicitar a súa estancia antes do mércores 9 de agosto no noso email info@fgsurf.org ou no whatsapp 600530771.

 

FORMATO DE CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS (POR EQUIPOS)


O Campionato Galego de Clubs ten un novo formato. A partir deste ano o campionato será por equipos que estarán constituídos polas seguintes categorías:

1 Surf open masculino
1 Surf open feminino
1 Bodyboard open (mixta)
1 Longboard open (mixta)
1 Sup olas open (mixta)
1 Surf sub18 masculino
1 Surf sub18 Feminino

Os compoñentes dos equipos deben ser nados en Galicia ou deben ter un ano de residencia certificada.

Os equipos deben contar con, polo menos, unha muller nas categorías mixtas.

O número máximo de clubs  é oito. No caso de superarse ese número collerase o ránking de clubs do ano 2022.

Pódense facer fusións entre clubs e, se se der o caso de quedar no podium, estes figurarían co nome de representación, é dicir, non quedaría campeón ningún dos dous clubs.

INSCRICIÓNS:

Incripcions de balde enviando os componentes do equipo o email info@fgsurf.org antes do xoves 10 as 13:00h.

Horario:

Por determinar

 


CAMPIONATO GALEGO KIDS E XUVENIL

 

 

 

INSCRICIÓNS DOS COMPETIDORES NA SEGUINTE LIGAZÓN:

https://forms.gle/CF8G8ixCez6AY3fb7


Quen aínda non estea federado debe facelo antes do vindeiro xoves 10 de agosto de 2023.

 


As inscricións xa están abertas e pecharanse o mércores 9 de agosto ás 13:00h


O xoves 10 pola mañá publicarase un horario provisional en RRSS e na web www.fgsurf.org


CAMPIONATO: Campionato Galego Kids e Xuvenil Praia de Soesto (Concello de Laxe)


ORGANIZA: Federación Galega de Surf, Concello de Laxe.
COLABORA: Xunta de Galicia, Deporte Galego, Gadis e Candido Hermida
DATA: 12/13 agosto
LUGAR: Praia de Soesto – Concello de Laxe (A Coruña).
HORARIO: O xoves 10 publicaranse os horarios provisionais en RRSS e www.fgsurf.org

CATEGORÍAS: 

Kids e Xuvenil

SURF

SURF Kids

Sub 14 feminino (nados en 2009 e 2010)

Sub 14 masculino (nados en 2009 e 2010)

Sub 12 feminino (nados en 2011 e 2012)

Sub 12 masculino (nados en 2011 e 2012)

Sub 10 mixto (nados en 2013 e seguintes)


Surf Xuvenil

Sub 16 feminino (nados en 2007 e 2008)

Sub 16 masculino (nados en 2007 e 2008)

Sub 18 feminino (nados en 2005 e 2006)

Sub 18 masculino (nados en 2005 e 2006)

Sub 21 feminino (nados en 2002 - 2004)

Sub 21 masculino (nados en 2002 - 2004)

 

PREZO:


20 € / Categoría Xuvenil para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS FGS

30 € / Categoría Xuvenil para os competidores que asistan “sen técnico”.


* Lembrade que se deben abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

 


PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO: 10 de agosto ás 13:00h

 


NOTA IMPORTANTE:

Pódense inscribir todos aqueles deportistas nados en Galicia ou residentes cun ano de padrón. Así mesmo, terán prioridade os deportistas con ránking do Campionato Galego 2022.

O campionato poderá ser aprazado ou cancelado por mor das condicións do mar.

As reclamacións sobre as quendas finalizaranse o venres 11 as 20:00h no whatsapp da FGS 600530771.

No caso de non poder asistir, pódese dar de baixa antes do venres 11 ás 20:00h no whatsapp da FGS 600530771. 
Pasado ese prazo, non se abonará o importe da inscrición.

No caso de que o campionato fora aprazado por mor da falla de ondas, abonarase o importe da inscrición.

Quendas:

Próximamente

 


HORARIO:

Próximamente

Próximamente

Federación Galega de Surf e Bodyboard