TENDA FEDERACION GALEGA DE SURF

Xa podes tramitar o pedido da tua camiseta ou sudadeira da Federacion Galega de Surf a través da web da Federación Galega de Surf www.fgsurf.org Comprando unha camiseta ou sudadeira estas aportando un gran de area para fomentar o deporte do surf galego. Para elo debes seguir os seguintes pasos:

1º Cubre o seguinte formulario cos datos personais e pulsa o botón "Aceptar".

2º Ingresar o importe correspondente na conta da Federación Galega de Surf (Nova Galicia Banco nº 2080-0567-04-3040003179), sinalando o teu nome e apelidos e como concepto "camiseta /sudadeira FGS".

3º En 20 días recibirás por correo postal o teu pedido.

Prezo Camiseta: 15,00 €

Prezo Sudadeira: 25,00 €

  • Composición camisetas: Algodón 100% - 180 grs/m
  • Composición sudadeiras: 50% Algodón / 50% polyester


*Gastos de envío contra reembolso: aproximadamente 7.50€. Ver condicions xerais.

*As existencias son limitadas e a súa aparición na web non implica dispoñibilidade inmediata.

Tenda

Tipo *

Se elixes o tipo "Neno" a talla é numérica (entre parentese)

Talla *

 


CONDICIÓNS XERAIS DE COMPRA


Para calquera dúbida ou problema que poida xurdir no proceso de compra, así como para calquera consulta relativa ao estado dos seus pedidos, FGS pon á súa disposición as seguintes vías de contacto:* Teléfono: +34 981 720118* Fax: + 34 981 720118* E-mail: info@fgsurf.orgPAGO DAS COMPRASAs compras aboaranse por* - Transferencia bancaria GASTOS DE ENVÍOOs gastos de envío pagaraos o comprador no momento da recepción do pedido, contra reembolso.O gasto aproximado dos gastos de envío ronda os 7.50 € (peso máximo do paquete 2kg).País de destino e Forma de envío.Cada unha das seguintes formas de envío implica uns gastos e uns tempos de entrega distintos. Os tempos indicados a continuación son tempos de transporte e non de tramitación do pedido.-Nacional- Contra reembolso. Entregase nun prazo de 5 a 6 días hábiles.-Internacional- Paquete Internacional Económico. Entrégase baixo firma.Prazos de entrega: Europa: de 8 a 10 días hábiles (prazo media) Resto de destinos: Consultar segundo país.DOCUMENTOS QUE RECIBO COA MIÑA COMPRA. Vostede recibirá no interior do paquete unha factura na que se detallan os artigos elixidos e os gastos de envío que orixinen. No caso de que se tratase dun agasallo a outra persoa, esta soamente recibirá un albarán sen prezos; neste caso, deberá indicalo no apartado Nota Adicional sobre o Pedido, dispoñible ao final da realización do mesmo. Da mesma maneira se vd. Así o indica, envolveremos en papel de agasallo o artigo solicitado.OUTRAS CONSIDERACIÓNSAs existencias son limitadas e a súa aparición na web non implica dispoñibilidade inmediata. En caso de non dispor temporalmente do artigo  solicitado, FGS porase en contacto con vostede para informarlle da demora na recepción do seu pedido. FGS garante a confidencialidade dos datos persoais consignados nos seus pedidos.RECLAMACIÓNS Os prazos de entrega son aproximados. E estes empezan a contar desde que o paquete está listo para ser enviado. Unha vez que lle informemos do envío do seu pedido, se non o recibe nos prazos indicados anteriormente pode porse en contacto connosco e realizaremos inmediatamente a reclamación ao transportista. Prazos nas reclamacións a correos:-Nacional:Reembolso: 10 días mínimos e 4 meses máximo.-Internacional:Paquete internacional (económico e prioritarios): prazo máximo de 6 meses.GARANTÍAS E DEVOLUCIÓNSVostede ten o dereito á devolución da compra no prazo de sete días desde a data de recepción do artigo.* Non se aceptarán cambios e/ou devolucións sen a autorización previa de FGS.* É imprescindible a presentación da factura de compra para calquera cambio ou reclamación nun período máximo de 7 días a contar desde a data de recepción do envío.* Non se aceptará mercadoría devolta sen etiquetar ou sen precinto, sen embalaxe ou con mostras evidentes dunha manipulación incorrecta.En caso de exercer o seu dereito á devolución, lle reembolsaremos o importe do artigo, menos os gastos de envío ou, se o prefire, pode cambiar o artigo por outro sumando os novos gastos de envío ou pode tamén recibir un vale o cal terá unha caducidade de 6 meses.


Si liches e estás de acordo cas CONDICIONS DE COMPRA, pulsa "ACEPTAR"


Insire os caracteres que hai na imaxe de embaixo




Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no Twitter

Novas de SurfGZ.com

No blog de Kike Aradas tedes unha boa entrevista feita a Diego Álvarez Lourido, rider coruñés, local de Bastiagueiro, e unha das grandes promesas...
Os vindeiros días 26 e 27 de Maio, celebrarase a 3º Proba do C.G. Infantil e Xuvenil 2012 na praia de Area Maior en Malpica. As inscripcións xa están abertas...
Esta fin de semana celebrarase a 2ª Proba open de Longboard e Paddle Surf no areal de Nemiña no Concello de Muxía. O prazo de inscripción está...
Yago Chamorro - O Campionato Zorlak 20 Anos de Surf arracaba ás 10 da mañá, as condicións do mar, cuarto metro sen vento, comezaba o evento coas...

    

             

       

Fotos da Galería:

Acceso Federados