FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

TÉCNICOS TITULADOS POLA FEDERACIÓN GALEGA DE SURF

Na asemblea celebrada o dia 18 de Abril, decidiuse a seguinte medida para a realización das probas de acceso a Técnico en Surf de Nivel I;

Probas Fisicas

  • Remada a distancia en todas as modalidades (100m.) realizaráse en piscina. Establecense 2 minutos para os varón e 2.30 minutos para as mulleres.
  • Buceo (25m.). Os varón poderán sair a superficie unha soa vez e as mulleres poderán saír dúas veces.

Proba Técnica

  • Coller unha ola de esquerdas e outra de dereitas en todas as modalidades. Nesta proba non existe diferencia entre varón e muller.
  • Esta medida imporase a partir do 1 de Xaneiro do ano 2012. O propósito que se quere conseguir e que os técnicos teñan máis e mellor formación.

Nos vindeiros cursos deste ano 2011, a asamblea aprobou realizar a proba de acceso consistente en realizar soamente a proba técnica (coller unha ola de esquerdas e otra de dereitas con estabilidad e nas tres modalidades).

En primeiro lugar debemos resaltar que a Federación Galega de Surf leva uns anos nun proceso de transición durante o que tentamos regular e adaptar a actividade de técnicos e escolas ao REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de Outubro, por elque establécese a ordenación xeral dos ensinos deportivos de réxime especial. Este proceso cumpriu xa unha etapa e urxe avanzar na formación dos nosos técnicos. A continuación tentaremos resumir algunhas das diferenzas básicas entre os diferentes niveis e os obxectivos que a FGS ten para cada un deles:

  • Nivel I: Neste próximo curso formaranse técnicos de Nivel II polo que a partir da próxima tempada, os ténicos de Nivel I pasarán a exercer labores similares ás que englobaba o antigo título de "Monitor-Inisiador" e con el poderanse impartir clases de iniciación en materia teórica e práctica, e poderán tamén programar e no seu caso dirixir o adestramento nun estadio básico. Poderán tamén colaborar no desenvolvemento técnico das probas, etc, e poderán colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel superior (Nivel II e III).
  • Nivel II: Poderán impartir clases de perfeccionamento, perfeccionando a execución dos elementos técnicos e tácticos, programar e dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, promover e participar no desenvolvemento técnico das competicións e colaborar como titor do período de prácticas correspondente ao nivel I, polo que a partir da próxima tempada só os Adestradores de Nivel II e superiores poderán certificar as prácticas dos Adestradores de Nivel I, etc. Tamén a partir da próxima tempada os Adestradores de Nivel II e superiores serán os únicos que poderán asistir como técnicos acompañando aos deportistas aos campionatos e obter así os beneficios correspondentes.
  • Nivel III: Planificar e dirixir o adestramento de deportistas e equipos, dirixir e coordinar a actividade dos adestradores de nivel inferior, participar na formación de adestradores, xestionar as escolas de tecnificación deportiva e promover e participar na organización e desenvolvemento de competicións. Polo que unha vez que se formaron adestradores de Nivel III (presumiblemente antes de Decembro de 2012), estes serán os únicos que poderán certificar as prácticas dos adestradores de Nivel II, así como participar na formación doutros entrenadoress. Ademais, a partir de entón, todas as Escolas de surf asociadas á Escola Galega de Surf deberán estar dirixidas por un Adestrador de Nivel III.

Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here