FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Comunicados FGS

Peligra a gala e a Deteccion de talentos de este fin de semana

Debido as condicions meteoroloxicas deixamos en espera de este venres a decision de si levar a cabo tanto a deteccion de talentos como a gala do surf 2014. O VENRES AS 12:00 da mañan tomaremos unha decision, xa que o mais importante e non correr riscos nin poñen en perigo os participantes desta actividade.

Senitmos moito ter que tomar esta decision pero creemos que é a mais axeitada, calquera dubida ou suxerencia podedes enviarnos un email a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou chamarnos a oficina. Un saudo e BOAS ONDAS!!!

 

Deteccion de talentos, Gala do Surf e Ranking 2014

O vindeiro sábado 28 de febreiro terán lugar 2 eventos no concello de Porto do Son:

- Detección de talentos I (Praia de Río Sieira).

- Gala do Surf 2014 (Casa da Cultura de Porto do Son).

Leer más...

 

Calendario Oficial FGS 2015

Xa temos un calendario oficial para esta tempada 2015.

Como podedes ver no novo calendario se opta por concentrar os campeonatos para poder preparalos mellor e buscar a calidade dos mesmos.

JUNIOR

(surf / bodyboard)

FECHAS

       JUNIOR

CLASIFICATORIO NACIONAL

MARZO

Lanzada


ABRIL

Patos

JUNIO

Río Sieira

       SEPTIEMBRE

Razo



OPEN

(surf / longboard / SUP / bodyboard)

FECHAS

OPEN

CLASIFICATORIO NACIONAL

MARZO

Fontela Balea

JUNIO

Pantín

OCTUBRE

Patos (Pico)


ABRIL

Lariño *

(BODYBOARD y dropknee)


Campionato galego:

    * Agosto: Pantín (A Coruña).



Outras actividades:

* Ondalonga longboard festival.

        * Surf Nocturno de Patos.

         Campionato galego de paddlerace. 

    * Actividades por determinar.


 

Training Camp 2015

Desde TheCampDoniños nos han enviado una nota de prensa sobre un campamento de tecnificacion, aqui os pego la nota de prensa por si os interesa 

Leer más...

 

Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Surf

Pola presente convócaselle á Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Surf,  que terá lugar o día 12 DE FEBREIRO DE 2015, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda, no edificio da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos San Lázaro, porta 4, Santiago de Compostela.

ORDE DO DÍA:

1. Contas 2014

2. Presuposto 2015.

3. Calendario 2015.

4. Sponsors 2015.

5. Novo seguro.

Leer más...

 

Staff Tecnico 2015

A Federacion Galega de Surf quere dar a benvida ó novo "Staff Tecnico" para a tempada 2015:

Director técnico: Jesús María Guerra

encargaráse da coordinación do staff  e da parte de formación da FGS.

 

Seleccionador: Carlos García @kakogarcia1

 será o novo encargado de preparar o campeonato de España por autonomías e os Xogos do Atlántico.

Director de competición: Marcos Pita @markitosspita

estará ao cargo dos campeonatos e do regulamento.

 

Carta presentacion do novo presidente

Saúdos a todos,

A xunta directiva e máis eu, Román Diez, como novo presidente da Federación Galega de Surf, queremos agradecer o apoio mostrado polo surf galego.

A nosa Xunta Directiva, está composta por persoas de tódalas partes de Galicia, xa que cremos que é boa unha representación repartida pola nosa costa. Chegamos con moita motivación e con moitas ganas de traballar. O noso obxectivo é dar unha nova imaxe á Federación, tanto visual como na organización da mesma, primando a calidade sobre tódalas cousas.

Nestes días estamos poñéndonos ó día, administrativamente falando, e nos próximos días queremos comunicarnos cós clubs e organizacións dedicadas ao surf, porque cremos que o surf é algo global e tódalas aportacións serán de axuda. A Federación somos todos.

Agradecer, por suposto, o traballo feito polo anterior presidente e Xunta Directiva.

Estamos a vosa disposición en todo o que precisedes.

Un saúdo y boas ondas.

Fdo.: DIEZ GONZÁLEZ, Román.

Leer más...

 

Peche das oficinas na Delegación da Federación Galega de Surf en Malpica de Bergantiños.

Peche das oficinas na Delegación da Federación Galega de Surf en Malpica de Bergantiños.

Informamos que dende o próximo día 3 de novembro do presente ano, as oficinas da delegación desta Federación situadas en Escola Unitaria de Beo s/n 15113 Malpica de Bergantiños (A Coruña), pecharán.

O motivo polo que pechan, e simplemente porque se dou por rematado o convenio de colaboración que había entre o actual Presidente e o seu equipo directivo, co Concello de Malpica.

Leer más...

 

ESCOLAS OFICIAIS DA FEDERACION GALEGA DE SURF

As Escolas Oficiáis, Federación Galega de Surf e os Concellos galegos costeiros, consideran de interese común promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento do Surf en Galicia e proporcionar unha actividade deportiva e de ocio para toda a pobación galega. Co fin de que esta práctica se desenvolva de forma segura e responsable, as Escolas Oficiáis adheridas a Fgsurf deberán firmar un convenio de adhesión xunto co concello onde levan a cabo a súa actividade.

Coa firma deste convenio a escola acollese a determinados beneficios e cumprimentos que resumimos a continuación, do mesmo xeito, acollerase aos Estatutos e Regulamentos correspondentes da Fgsurf:

Leer más...

 

Más artículos...

         

GRADOS DEPORTIVOS


Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095
36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org

Empresas Amigas

Cursos & Formación

 
 





 

 



You are here