Comunicados FGS

COLABORACION ENTRE FEDERACION GALEGA DE SURF E MERCEDES LOUZAO



A Federación Galega de surf ven de firmar un convenio de colaboración coa empresa concesionaria Mercedes Louzao de A Coruña.

Este ano Louzao estará presente nos campeonato Open na praia de Razo en xullo, no  de Patos en outubro e no campeonato galego “O mellor dos mellores” na praia de Orzán en decembro,  coa sua campaña de presentación do novo Clase B, “La Tabla es tu Llave”. Ven a vernos aos campeonatos e participa na acción de “La tabla es tu llave”; trae a tua tabla e si che cabe perfectamente  no Clase B de Louzao, entrarás no sorteo para disfrutar dun Mercedes durante un fin de semana.


Bolsa Emprego



Plazas vacantes:

-          Monitor/a de iniciación

-          Monitor/a de perfeccionamiento.

-          Monitora de tiempo libre.

-          Buscase cámara con experiencia en video e fotografía, valorase a experiencia si e no campo citado.

Por favor, os interesados que se poñan en contacto o antes posible nos seguintes emails Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Teléfonos de contacto: 657111593 – 676012084

Tamen podes poñerte en contacto co Surfcamp para inscribirte nas ofertas de traballo, a través da sua paxina web www.7feetsurfcamp.com ou pinchando directamente en Traballa con 7Feet Surf camp de Baldayo.

Campionato Luso-Galaico 2013 en Viana do Castelo



Esta XV edición, unha vez máis organizada polo Surf Club de Viana, presenta como novidade unha estrutura técnica e tecnolóxica totalmente amovível, que irá privilexiar as mellores ondas, estas estan na Praia do Rodanho, en Vila Nova de Anha, na Praia do Cabedelo, en Darque ou na Praia da Arda, en Afife.

A edición deste ano destácase por ser o primeiro evento oficial do Centro de Alto Rendemento de Surf de Viana do Castelo e máis un evento do “Centro de Mar”, mantendo o apoio da Federación Galega de Surf, da Federación Portuguesa de Surf e, institucionalmente, do Concello de Viana do Castelo. Dá continuidade ao estreitamento da cooperación, amizade e competición, sobre todo entre mozas atletas do Norte de Portugal e da Galiza e asúmese como unha proba transnacional de referencia, responsábel polo lanzamento de atletas con carreira mundial no Surf e Bodyboard, como João Guedes, Gony Zubizarreta, Rui Ferreira ou Manuel Centeno.

O Luso Galaico 2013 “Centro de Mar, financiado polo "ON.2” O Novo Norte” (Programa Operacional Rexional do Norte), intégrase plenamente nun dos obxectivos do CAR Surf, importante infraestrutura, recentemente aberto ao público que pretende presentar respostas eficaces ás necesidades da comunidade surfista de todo o Noroeste Peninsular.

As inscricións no XV Luso Galaico están abertas até á próxima quinta feira (16 Maio) a través do Website do Surf Club de Viana - www.surfingviana.com

SCV continúa empeñado na divulgación da rexión

O próximo día 25 de maio, o CAR de Surf de Viana do Castelo vai ser escenario do Portuguese Surf Film Festival ”Viana 2013, subordinado ao tema Alquimia. Nel serán exhibidas catro producións independentes, premiadas en 2012 nas categorías de “Mellor Filme Portugués”, “Mellor Curta”, “Mellor Filme de Surf” e “Máis Sustentábel”. A entrada é gratuíta.

Destaque tamén para o resultado da atleta do club vianense, Filipa Fernandes, gran vencedora da 2ª etapa do Circuíto Nacional de Bodyboard Esperanzas, en Sub 18, disputada no inicio deste mes na Ericeira.

Boas Ondas! Mellor Surf!

Mais información en:  (+351) 919 582 512 | (+351) 962 672 222

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla | www.surfingviana.com



Resultado Concurso de Videos da Campaña Fedérate 2013!!!



Estimados surfistas;

Unha vez rematado o prazo de entrega do concurso de videos da Campaña Fedérate 2013! Damos a coñocer os resultados  das votacions en Facebook:

1º puesto: Julia Perez Del Rio (607 Me gustas)

2º puesto: Borja Ortiz Lacabex (199 Me gustas)

3º puesto: Fernando Barros Fernandez (79 Me gustas)

4º puesto: Mateo Saco Fernandez (31 Me gustas)

O gañador do concurso de videos da Campaña Fedérate 2013! E Julia Perez del Rio. Ela levara como premio a tabla de Gony Zubizarreta firmada por el! Felicidades a gañadora e ao resto de participantes polos vosos videos.


     


Moitas grazas a todos por colaborar coa Federación Galega de surf neste concurso e moitas grazas a Gony Zubizarreta pola sua gran aportación a F.G.S.

BOAS ONDAS!!!


Surf INtegracion gracias a Club Surfeiros



Un ano mais o Club Surfeiros de Nigran, levara a cabo o día 2 de maio o “Surf Integración”, na Praia de Patos


Apoio a musica 100% Galega dende a FGS, ARRHYTHMIA



Dende a Federación Galega de Surf queremos apoiar a música 100% galega e por iso comezamos coa nosa colaboración ao grupo lucense Arrhythmia.

Arrhythmia é unha emerxente banda galega de Power Rock que ven de estrear o seu primeiro E.P “III” tras unha transformación en estilo e membros.

A actual formación ten longa experiencia en escenarios despois de ter compartido festivais e concertos con artistas como Rosendo, Ñú, Fernando Saunders, Santi Campillo, Saratoga, Poncho K…

“III” é un E.P íntegro en galego que inclue o single “Diñeiro” que está a recibir grandes críticas de medios especializados.

Fixeron os seus pinitos no mundo do cine coa participación da banda sonora da película estreada en cines estatais “El Diario de Carlota”.

descargar o seu EP "III"

Tendes mais informacion na sua web:

osarrhythmia.bandcamp.com 

(podedes colaborar con eles facendo unha pequena doazon na sua web picando en BUY NOW)

Esperamos poder contar con este grupo en algun concerto da Federación Galega de surf.


SurfMarket.org



Querémosvos presentar Surfmarket.org un interesante proxecto galego e surfeiro en internet que xa leva 2 anos e pico funcionando e onda podes mercar e vender táboas de surf de segunda man e novas. Esta web é utilizada por particulares pero tamén profesionais do surf como tendas e escolas de surf que venden algo de material. Esta web está feita por surfeiros para surfeiros e conta con interesantes seccións de noticias, fotos, vídeos internacionais e previsións de ondas no Atlántico e no Mediterráneo.

Este mes fixeron varias actualizacións na súa web con cambio de imaxe e mellora na velocidade de carga pra adaptarse aos novos tempos e aumentar a calidade do seu servizo. Tamén temos que destacar que xa conta con máis de 2.400 followers no Twitter e máis dun millar de seareiros no Facebook o que lle fai ser a web galega de surf con maior número de usuarios nas Redes Sociais. A web está en oito idiomas incluído o galego.

Se tedes material de surf, body, paddle, kite, longboard, skate ou mesmo snowboard este é o mellor sitio pra publicar os vosos anuncios. Soamente tedes que crear a ficha de usuario, imprescindible rexistro, e logo publicar ata 18 anuncios. Hai tres zonas de venda en Galicia: Rías Baixas, Costa da Morte e Rías Altas que te axudarán a contactar con posibeis compradores na túa zona.

Podes visitala e rexistrarte en: http://www.surfmarket.org/


Concurso Campaña Fedérate  2013



¡FEDÉRATE 2013!



Concurso de vídeos

Para a presente campaña Fedérate 2013 da Federación Galega de Surf, queremos organizar un concurso, no que sexades vós, os surfeir@s, os que coa vosa imaxinación e cámara, filmedes un pequeno vídeo promocional, animando a todos os surfers da nosa costa a que se federen. Non fai falta que sexa unha superproducción só hai que ser un pouco orixinais, podedes mesmo gravarvos contando porque vos federades ou porque debemos de federarnos (un exemplo seria o video de Gony de esta noticia).

1ª Concentración da Selección Galega de Surf



Os vindeiros días 28, 29 e 30 de marzo levarase a cabo a 1ª concentración desta tempada, coa Selección Galega de surf. A concentración celebrarase en Razo, concello de Carballo (A Coruña).

Os deportistas convocados son os seguintes:


Borja Malvar Crespan

Ignacio Guisasola Alonso

Juan Fernandez Lopez

Diego Alvarez Lourido

Luis Ansin Mato

Yolanda Rodriguez Aneiros

Isabel Gundín Perez

Carlos Vazquez Castro

Alberto Mosquera Lomba

Jaime Amador Alemparte


Os convocados deberán confirmar a sua participación na 1ª concentración da Selección Galega de surf antes do próximo venres día 22 de marzo, na dirección de email Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Os deportistas que non confirmen a sua participación na 1ª concentración da selección Galega de surf, non serán seleccionados para próximas concentraciones, nin para participar nos Xogos Náuticos Atlánticos que se celebraran en Portugal, nin en outros campeonatos coa Selección Galega de surf (siempre que no sea por fuerza mayor).

Dende a Federación Galega de surf, queremos dar as grazas a todos os técnicos e deportistas que fixeron chegar a planificación de cada deportista para valorar o seu nivel.

Calquera dubida, sempre poden contactar coa Federación Galega de surf no teléfono 981 720118 ou mediante e-mail en Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla


Zorlak e a FGS firman un convenio de colaboracion


    


A pasada semana, e despois da reunión mantida con Zorlak, firmouse convenio de colaboración entre ambas partes para colaborar no Circuito Galego 2013.

Zorlak actualmente recoñecido pola Federación Galega de surf como Shaper galego entre os demais shaper de Galicia, entregara a Federación Galega de surf unha taboa de surf para o seu sorteo na vindeira proba infantil e xuvenil de surf a celebrar na Praia de Patos –Nigran. As rifas serán vendidas no campeonato e o sorteo celebrarase ao finalizar a proba.

Esta seria a taboa a sortear na proba infantil e xuvenil de surf – Praia de Patos.



Por outra banda, gracias a este convenio Zorlak Surfboard colaborara na aportación de infraestructura do Circuito Galego 2013.

O recaudado en rifas para o sorteo da tabla Zorlak será destinado aos gastos que supon a realización da proba infantil e xuvenil de surf en Patos-Nigran.

Esperando a participación no sorteo de todos os federados, competidores ou calquera persoa que se achegue a ver a proba nese día.


Más artículos...

Pág. 1 de 7

Inicio
Prev
1

Social Media

                        

  #fgsurfsoundtrack

Calendario

Abril 2013 Mayo 2013 Junio 2013
Lu Ma Mi Ju Vi Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31

By A Web Design

Vindeiros Eventos:

  • 2ª Proba Open de Surf

    2ª Proba Open de Surf en Pantin (Valdoviño) organizada pola FGS en colaboracion con Escola de Surf de Pantin

  • 3ª Proba Open de Surf

    3ª Proba Open de Surf en Razo (Carballo) organizada pola FGS en colaboracion con Teiron, Artsurfcamp e POP UP

Ver Calendario

Cursos FGS:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8

FGSURF

Novas de SurfGZ.com

{vimeo}65047186{/vimeo}Fermoso vídeo promocional do Artsurfcamp onde comparte as cousas boas que ten o surf e como pode axudar as persoas a ser máis positivas e menos consumistas.
Despois de varias cancelacións e convocatorias continua aberto o periodo de espera para a celebración da proba de bodyboard do Circuíto Galego 2013 na praia do Faro no Concello de...

Visitantes:

Tenemos 41 invitados conectado(s)

Síguenos!

   

                        

                                     

               

Fotos da Galería:

Acceso Federados