FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Cronica Horario 1ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de A Lanzada – Concello de O Grove


Esta última fin de semana realizouse na fermosa praia de A Lanzada a 1ª proba do circuíto Junior 2015 da Federación Galega de Surf

Entre as moitas novidades que a FGS presenta para este 2015, a primera delas foi a elección do día da proba en consenso do director de competición cos surfistas locáis, así como a revisión nos días previos das condicións in situ que, a par acertaron de cheo, permitindo celebrar un dos mellores campionatos de A Lanzada, en canto a ondas se refire dos últimos anos.

Outra innovación foi a infraestrutura, e a incorporación de sistema refresh utilizado pola ISA que permitiu o seguimento dos resultados en directo.

Con todos estes ingredientes dou comezo unha proba cunha pequena charla entre staff e técnicos, e outra cos riders. 

 

  

Logo diso iniciaronse as mangas.

As categorías que foron disputadas o sábado, tiveron boas condicións de mar, e aínda que estivo algo pequeno, permitiron aos máis “enanos” traer todo o seu repertorio de manobras

Destacable a boa posta en marcha do novo circuito mixto sub12, que permitiu, aos que se incian en competición disputar máis mangas do habitual e disfrutar ao máximo das ondas.

Outra novidade, foi a incorporación do body de novo ao circuito junior, xa que en edicións pasadas fora incorporado aos campionatos open de body.

A xornada do sábado, puidemos disfrutar da final sub12 así como das fináis de body sub18 e sub16 quedando para o día seguinte as de sub14 masculino e femenino.

  

Xa o domingo, o campionato arrancou as 8:30 en punto, xa que, quedaba por diante unha dura xornada de surfing onde os xuíces se esforzaron ao máximo para conseguir chegar ao final do día xuzgando ao máximo nivel.


As categorías sub16 e sub18 tanto masculina como femenina disputaronse en condicións increíbles de ondas, ao longo da xornada puidemos disfrutar de pinceladas de surf de alto nivel, aínda que, tamén se notou que estamos no inicio de tempada e os bos scores tardaron en chegar a pesar das boas condicións de ondas.

Xa nas semifináis e fináis si se viu a algúns dos riders sacando surfing.

O máis espectacular do día foi precisamente a final masculina sub18,  xa que as condicións de ondas con varias series boas durante a final permitiron que os riders puidesen deleitar ao abundante público que alí se atopaba.

A continuación publicamos os resultados do campionato e polo tanto do actual ranking  xuvenil de 2015:

SURF:

- Sub 12 (mixto):


1. Alejo Ferreiro (prado surf escola)

2. Nicolas Iglesias (La vieja escuela)

3. Alvaro Iglesias (La vieja escuela)

4. Anton San Ildefonso (Prado surf escola)


Mejor ola:

manga 6: 7,83  Nicolas IGLESIAS 

Mejor Puntuacion:

manga 6: 15,00  Nicolas IGLESIAS


Ver heats


- Sub 14 femenino:


1.Marta Buján (The Camp Doniños)

2. Uxia Misa (Patos Surf Club)

3. Lola Bermudez (La vieja escuela)

4. Zaira Vilariño (La vieja escuela)


Ver heats


- Sub 14 masculino:


1. Enrique Conde (La vieja escuela)

2. Miguel Rey (Prado Surf Escola)

3. Pablo Gorgojo (Prado Surf Escola)

4. Guillermo Díez (Patos Surf Escola)

 

Mejor ola:

manga 6: 8,17 Enrique CONDE

Mejor Puntuacion:

manga 6: 12,84 Enrique CONDE


Ver heats


- Sub 16 femenino:


1. Isabel Gundin (The Camp Doniños)

2. Carla Mosquera (Sin club)

3. Monica Pintos (The Camp Doniños)

4. Marta Dias-Silva (Patos Surf Club)


Mejor ola:

manga 6: 7,17 Isabel GUNDIN

Mejor Puntuacion:

manga 6: 13,34 Isabel GUNDIN


Ver heats


- Sub 16 masculino:


1. Saul Carrera (Prado Surf Escola)

2. Pablo Fernandez (Mission Surf School)

3. Isabel Gundin (The Camp Doniños)

4. Miguel Rey (Prado Surf Escola)


Mejor ola:

manga 5: 7,17  Saúl CARRERA

Mejor Puntuacion:

manga 7: 13,33 Pablo FERNANDEZ


Ver heats


- Sub 18 femenino:


1. Isabel Gundin (The Camp Doniños)

2. Alba Rodriguez (Patos Surf Club)

3. Cris Iglesias (Prado Surf Escola)

4. Carla Mosquera (Sin Club)


Mejor ola:

manga 1: 8,83 Cristina IGLESIAS

Mejor Puntuacion:

manga 5: 13,34 by Isabel GUNDIN


Ver heats


- Sub 18 masculino:


1. Alvaro Frojan (Oceano Surf Club)

2. Juan Fernandez (Prado Surf Escola)

3. Pedro Manso (La vieja escuela)

4. Leo Zambrano (Patos Surf Escola)


Mejor ola:

manga 5: 8,67 Álvaro FROJÁN

Mejor Puntuacion:

manga 5: 16,50 Álvaro FROJÁN


Ver heats


BODYBOARD:

- Sub 16


1. Alfonso Argibay (Patos Surf Club)

2. Bruno Martin (The Camp Doniños)

3. Andres Miranda (The Camp Doniños)

4. Raul Vila (Patos Surf Club)


Mejor ola:

manga 1: 7,83 Alfonso ARGIBAY

Mejor Puntuacion:

manga 1: 14,33 Alfonso ARGIBAY


Ver heats


- Sub 18


1. Juan Sande (Sin Club)

2. Alvaro Golpe (Sin Club)

3. Bruno Martin (The Camp Doniños)

4. Carlos Megino (Patos Surf Club)


Mejor ola:

Sin Datos

Mejor Puntuacion:

manga 1: 11,34 Juan SANDE


Ver heats


VER O RANKING 2015

VER TOP 15 DE ONDAS E TOP 15 PUNTUACIONS


  

 


Queremos dar as grazas ós nosos colaboradores e patrocinadores:

Prado Surf Club, Ya Te Comeré, TSP (The Surfeiros Piratas), O’Neill, Machete Company, 3sesenta, Pure & Company, Foam, Snappers Surf, Misión Surf Shop, Dunes, New Wave, Oxígeno Surf Shop, as Surf Shop, Novalvos, Kannion, Zorlak, coge3, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Concello de O Grove e Deputación de Pontevedra




Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here