FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Aprazamento 1ª proba open de surf en praia de Balieiros (Ribeira)

Aprazamento 1ª proba open de surf  en praia de Balieiros  (Ribeira)


A Federación Galega de Surf e os demais organizadores desta proba sentimos comunicar que a 1º proba do circuito open de surf prevista para realizar este fin de semana na praia de Balieiros, deberá ser aprazada. O motivo polo que se apraza é debido ao novo Real Decreto sobre a conservación da Píllara nas Dunas. O Servizo de Conservación de Medio Ambiente emite un informe negativo para a realización do campeonato nesta data xa que perxudica gravemente esta especie que está en época de reproducción. Sentimos as molestias ocasionadas, ata esta semana non tivemos coñecemento deste infome.

Este novo Real Decreto que aínda estamos coñecendo, seguramente afecte a mais praias da costa da provincia de A Coruña, como son Pantín, a Frouxeira, Lariño, Nemiña ou Río Sieira. Estamos pendentes dos informes que emitirá Conservación para o resto de praias implicadas neste proxecto de conservación da Píllara nas dunas.

En canto a 1ª proba open de surf en Balieiros, tentarase realizar a comezos de agosto, fora da época de reproducción da Píllara. En caso de que novamente nos neguen autorización proporíase unha praia alternativa dentro do concello de Ribeira si é posible.

Damos as grazas a colaboración ofrecida polo Concello de Ribeira e o Clube Barbanza, así como Camaramar e SurfGZ

Seguiremos informando.



Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here