FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Crónica Campionato Galego Individual e por Equipos – Praia de Soesto 2012

Crónica Campionato Galego Individual e por Equipos – Praia de Soesto 2012

Esta fin de semana celebrouse no areal de Soesto, concello de Laxe o Campionato Galego individual e por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf.

En primeiro lugar agradecer a toda a xente que estivo traballando neste evento, en especial ao equipo técnico que mostrou ser moi competente e ademáis prestou o seu apoio en todas as tareas deste evento. Tamen agradecer a todos os colaboradores e ao concello de Laxe coma sempre polo seu interese neste deporte, así como aos patrocinadores Ryanair, Waira, TSP, Onda entre outros.

Este ano contamos con 130 inscritos repartidos nas categorías de surf infantil femenino e masculino, surf xuvenil femenino e masculino, Bodyboard xuvenil e open masculino, surf open femenino e masculino, longboard masculino e como novidade o paddlebaord masculino. Tamen tivo lugar  o campeonato por equipos no cal cabe destacar unha gran participación por parte dos clubes de toda Galicia. A pesar dos recortes económicos e da crise en xeral, conseguimos levar a cabo o campeonato mais esperado da tempada.

As previsions non foron as mellores, pero ainda así o campeonato saiu adiante gracias a participación de todos os surfistas de Galicia que se deron cita este fin de semana na Praia de Soesto. Os nosos surfistas demostraron que saben adaptarse a calquera tipo de condicions e vela ahí os resultados:



Destacar ao competidor xuvenil Diego Alvarez que este ano se proclamou campion na categoría open de surf. Felicitacions por parte da FGS.


Surf infantil masculino

1º Leo Zambrano

2º Carlos Vazquez

3º Juan Fernandez

4º Ignacio Guisasola



Surf infantil femenino

1º Isabel Gundin

2º Marta Gomez

3º Sarela Rodriguez

4º Eva Ferreira


Surf xuvenil masculino

1º Miguel Perez Moneos

2º Diego Alvarez Lourido

3º Ignacio Guisasola

4º Juan Fernandez


Surf xuvenil femenino

1º Isabel Gundín

2º Cristina Iglesias

3º Eva Ferreira

4º Delia Salgueiro



Surf open masculino

1º Diego Alvarez

2º Guillermo Reboreda

3º Alex Diez

4º Pablo Montero



Surf open femenino

1º Erika Franco

2º Paula Paz

3º Cristina Iglesias

4º Carla Zoni


Bodyboard xuvenil masculino

1º Pablo Gonzalez

2º Carlos Lorenzo

3º Alberto Gundín

4º Carlos Quintero



Bodyboard open maculino

1º Francisco Ferreiro

2º Pablo Gonzalez

3º Adrian Bellas

4º Andrés Santalla


Longboard open masculino

1º Alberto Mouriño

2º Ruffo Navarro

3º Patrick Vilan

4º Hugo Chas



Paddleboard open masculino

1º Guillermo Carracedo

2º Roman Camba

3º Victor Lorenzo Puga

4º Diego Armada



Resultados Campeonato galego por equipos 2012:

1º Prado surf club

2º Patos surf club

3º Oceano surf club

4º Sandspit surf club


Outra vez máis, damos grazas a todos os participantes desta edición do campionato galego de Soesto, no que fixeron ver a boa competición. Grazas  tamén a todo o persoal da organización e colaboradores. Sen eles esto non sería posible.



Esperamos velos de novo a todos no próximo ano, e que siga habendo tanta afluencia de participantes e de tanto intererés por parte dos clubes e colaboradores.

Para consultar o ranking pinchar aquí

Moitas grazas a todos !!!!!



Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here