
Abrese o prazo de inscrición para a 1ª Proba Open de Longboard e Paddleboard, para a próxima fin de semana 11 de Febreiro. O VENRES 10 CONFIRMARASE O NÚMERO DE INSCRITOS. Lembra que o xoves 9 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna (en caso de ser menor de idade) e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.
CAMPIONATO: 1ª Proba Open Circuito Galego Longboard e Paddleboard.
ORGANIZA: PRADO SURF CLUB e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Baiona, Onda, 3Sesenta, TSP entre outros.
DATA: 11 de Febreiro
LUGAR: Praia de A Ladeira-Baiona.
CATEGORÍAS: Open masculino e Open femenino.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30 a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADE: Longboard e Paddleboard.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada modalidade.
PREZO: 25€
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:
Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179 antes do Xoves 9 de Febreiro as 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail (
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 9 de Febreiro as 13:00 horas.