FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CRONICA CAMPIONATO GALEGO “O MELLOR DOS MELLORES” PRAIA DO ORZAN, A CORUÑA

CRONICA CAMPIONATO GALEGO “O MELLOR DOS MELLORES” PRAIA DO ORZAN, A CORUÑA


O pasado dia 8 de decembro, celebrouse na Praia do Orzan, en A Coruña un campeonato galego organizado pola Federacion Galega de Surf.

Este campeonato puxo o punto e final a esta tempada chea de actividades durante todo o ano 2011.

Neste campeonato competiron os mellores clasificados do circuito galego deste ano.

A mitica Praia do Orzan non defraudou, a pesar da pouca calidade das ondas, os competidores abraiaron ao publico con maravillosas manobras. As condición estuvieron moi duras para a categoría de surf open feminino, pero as rapazas demostraron estar en forma a pesar de todo.

As finais estiveron moi reñidas, e asi e todo en surf open masculino o mellor dos mellores segue a ser Luis Rodriguez, o cal fixo o imposible para que non lle arrebatasen o titulo de campion. En surf xuvenil quedou campion Guille Gomez, os xuvenil estiveron a altura das circunstacias e debatironse nunha final con moito nivel.

En surf open feminino a mellor das mellores segue a ser a ferrolana Erika Franco, que deixon ao publico impresionado.

En Bodyboard quedou campion Francisco Ferreiro e en Longboard Alberto Mouriño, desbancando do primeiro posto ao actual campion do circuito galego de longboard Nestor Martinez.

En fin, pouco mais se pode dicir, soamente gracias a todos os competidores e clubes por estar ahí e grazas como non a todos os colaboradores e en especial ao Concello de A Coruña por prestarnos toda a axuda necesaria para a organización deste evento.

Vemonos no Circuito Galego do ano próximo!!

Felices festas a todos!!

FGS





































































Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here