FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Cronica campionato de Soesto

Cronica campionato de Soesto

O fin de semán do 27 e 28 de agosto celebrouse na praia de Soesto, concello de Laxe o mítico Campionato Galego individual e por equipos, organizado pola Federación Galega de Surf.

En primeiro lugar agradecer a toda a xente que estivo traballando neste evento, Xefe de Xuices, Xuices, director de competición e demáis persoal que traballou duro para levar a cabo este campionato, así como tamén agraceder aos colaboradores como Coca-Cola, concello de Laxe, Ojo de Pez, Novalbos, Raz, The Box, Surfeiros Piratas entre outros.

Este ano contamos con unha gran afluencia de inscritos, nada máis e nada menos que 163 inscritos. Dado  este número importante de participantes, tivemos problemas de organización, xa que contábamos con poucos medios e pouco persoal.

O campionato contou coa participación de todas as categorías e modalidades; infantil, xuvenil e open de surf, bodyboard e longboard. Tamén se disputou este fin de semán o campionato de clubes galegos, donde destacou tamén a gran participación, mencionando ao Prado Surf Clube, Patos Surf Clube, La Vieja Escuela, Club Náutico as Forcadas, Riders Surf Club, entre outros moitos.

Gañador de Clubs: PRADO SURF CLUB

Contábamos con moi boas previsións para todo o fin de semán, maila iso houbo bastante vento o que ocasionou que a megafonía non se escoitase moito e as carpas estaban un pouco inestables.

A pesar diso conseguimos levar a cabo un campionato excelente, no que houbo bos baños libres, moi boas mangas nas que competían surfeiros de alto nivel, donde estivo moi reñido  quen ia acadar o primeiro posto, como foi a final donde competiron Pablo Montero, Milo Castelo, Derick Rey e Jose Dieguez os catro finalistas de surf open masculino.

Por outra banda, tamén cabe destacar a final de surf infantil masculino, que tamén foi moi aplaudida, quedando Ignacio Guisasola (Golfiño surf clube) campión infantil por segundo ano consecutivo, seguido dos seus contrincantes Borja Malvar (Prado surf clube), Alberto Mosquera e Leo Zambrano.

En surf Infantil feminino, levouse a cabo unha final directa na que quedou en primeiro posto a ferrolana Yolanda Rodriguez (club praia de Pantín), seguido de Isabel Gundín, Cristina Iglesias.

Despois dunha mañá de sábado moi dura, tanto para os xuices e todo o persoal coma para os competidores, chegou a hora da comida na que todo o mundo se puido deleitar con un bo xamón asado con cachelos, típico de Galicia.

Logo dese pequeño descanso, reanudouse a competición na que cabe destacar as finais de surf xuvenil masculino, acadando o primeiro posto Guille Gómez, seguido de Diego Álvarez, Gonzálo Fernández e Roi Fernández.

As rapazas xuveniles tamén fixeron unha boa competición, houbo bastante nivel, quedando Erika Franco (Club de surf Grosso de Doniños) no primeiro posto, moi por detrás dela estivo Yolanda Rodriguez, seguido de Isabel Gundín e Carlota Lago.

En surf open feminino, proclamouse campionato Erika Franco outra vez máis seguido de Elena Tapias e Itziar Guisasola.


Neste campionato cabe destacar tamén a gran participación na modalidade de Bodyboard. Hay anos que esta modalidade se está perdendo  nas competicións do circuito galego, e estase a facer todo o posible para que rexurdan de novo, xa que hai  moito nivel en Galicia. En body open masculino quedou en primeiro lugar Alex Sebastian, afincado en Galica dende fai anos, seguido de Brais González, Nicolás Nieto e Ivan Piñeiro. En canto os xuveniles de body, destacou polo seu nivel Samuel Martinez e de novo Alberto Gundín, fiel ao circuito galego.

Por ultimo, en bodyboard feminino proclamouse campionato desta modalidade Andrea Bouzo (Oxigeno surf club), quedando en segundo posto Marta Alvarez.

A noite do sábado, despois dun longo día no que se fixo ver o cansancio de todos, puidemos disfrutar dunha boa cea, acompañados da música dos Fresquiños. Moi boa música para subir os ánimos.

O domingo seguiu o campionato coa modalidade de Longboard, todo se deserrolou sen alteración algunha. Nesta modalidade solo competiron as categorías de open masculino e open feminino. Campions desta modalidade Antonio Varela e Carlota Lago.

Outra vez máis, damos grazas a todos os participantes desta edición do campionato galego de Soesto, no que fixeron ver a boa competición. Grazas tamén a todo o persoal da organización e colaboradores. Sen eles esto non sería posible.

Esperamos que para o ano 2012 este campionato saia un pouco mellor, e siga habendo tanta afluencia de participantes e de tanto intererés por parte dos clubes.

Moitas grazas a todos


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes: 09:00 - 15:00

Xoves: 17:30 - 20:30

Venres: 9:00 - 13:30

Sábado: 10:00 – 14:00



You are here