FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

3ª Proba do Circuito Galego Infantil e Xuvenil-Praia de Area Maior (Malpica-A Coruña).

3ª Proba do Circuito Galego Infantil e Xuvenil-Praia de Area Maior (Malpica-A Coruña 03/04 de setembro).

Esta fin de semán 3 e 4 de Setembro, celebrarase a 3ª proba Infantil e Xuvenil do Circuito Galego. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. O VENRES 2 CONFIRMARASE O NÚMERO DE INSCRITOS ASÍ COMO AS CONDICIÓNS DO MAR, E DEPENDENDO DE TODO ESTO, O DIRECTOR DE COMPETICIÓN DECICIRÁ SI A PROBA SE CELEBRA EN UN DÍA OU EN DOUS. Lembra que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

CAMPIONATO: 3ª Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard. 

ORGANIZA: Silfo surf club e Federación Galega de Surf.

COLABORA: Coca-cola e Concello de Malpica.

DATA: 3 e 4 de Setembro.

LUGAR: Praia de Area Maior (Malpica-A Coruña)

CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  

HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.

MODALIDADES:

Infantil (nados do 1997 en adiante) e Xuvenil (nados do 1993 ao 1996). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.

MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

PREZO:

8,00€ para os competidores que asistan “con técnico”.

12,00€ para os que asistan “sin técnicos”

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179  antes do Xoves 1 de setembro as 13:00 horas

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube

2º) nome competidor

3º) dni

4º) modalidade

5º) categoría

6º) nº de licenza

7º) nome do técnico (se fose o caso).

8º) teléfono de contacto.


PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 1 de setembro as 13:00 horas.


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes: 09:00 - 15:00

Xoves: 17:30 - 20:30

Venres: 9:00 - 13:30

Sábado: 10:00 – 14:00



You are here