FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

CRONICA 2ª PRUEBA CIRCUITO GALLEGO DE LONGBOARD

CRONICA 2ª PRUEBA CIRCUITO GALLEGO DE LONGBOARD EN NEMIÑA

O domingo 7 de Agosto celebrouse a segunda proba do circuito galego de longboard na praia de Nemiña(Concello de Muxía).
A Federación Galega de Surf (FGS) coa colaboarición da recentemente xurdida Galegos Asociados polo Longueirón(GAL) e o concello de Muxía,organizaron un campionato moi desexado polos practicantes desta paixón que reuniu todo un record de participantes nun evento desta disciplina.


Xente de toda Galiza, España e distintas nacionalidades, achegáronse a praia e descubriron un pequeño museo de tablas proporcionadas por Hugo Chas (Pure surfing) das cales eran permitidas collelas libremente e disfrutar un baño e sentirse parte da historia.
A climatoloxía deixou paso as catro estacións do ano deixando vento ,nuves e solazo...ondas ata un metro e moitas manobras clásicas de longboard.
No ranking final na categoría open levou a victoria Dani Albite(Zorlaksurfboards)segundo Patrik Vilán(Patos surf escola),terceiro Antonio Varela(Silfo surf escola,Iron Mauntain surfboards,The Surfeiros Piratas,Teirón) e Nestor Martinez (Ferrol Terra).Única proba puntuable no ranking oficial da FGS.
Tamén tiveron a oportinidade de verse en competición as categorías Junior 1º Jose Rico,2º Alejo ,Carlota Rich(Zorlaksurboars,Raiders73 surf escola)
Os mais veteranos na categoría Masters tamén demostraron estar moi en forma nunha única mánga que se disputou entre Ruffo Navarro,Luis Otero(Silum surfin) , Juan Patiño Varela) e Cesar(The Surfeiros Piratas) nestas posición respectivamente.
Para a despedida, unha divertida Expression Session na que participaron tódolos asistentes.
As derradeira reunión para contar o resumo do día foi no restaurante O Saburil fronte unha impresionante posta de sol nesta prai que o ano próxino voltará a ter cita na segunda edición Nemiña-Vida.GRAZAS A TODOS AOS ASISTENTES POR FACER ISTO POSIBLE

Grazas a:

Concello de Muxia, FgSurf,GAL; Bar Saburil, Iron Mountain,SilfoSurfcamp,Pure,Surf Costa da Morte,The Surfeiros Piratas

Redactado por Antonio Varela


Fotos:David Yañez y Erick

Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


Horario de atención inverno:


Martes, mércores e venres de 10 a 14h.

Xoves de 17 a 20h.



You are here