FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

1ª Proba do Circuito Galego Xuvenil-Praia de Patos, Nigrán, 7/8 de Maio

alt

Por fin esta fin de semán 7 e 8 de Maio, celebrarase a 1º proba Infantil e Xuvenil do Circuito Galego. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. O VENRES 6 CONFIRMARASE O NÚMERO DE INSCRITOS ASÍ COMO AS CONDICIÓNS DO MAR, E DEPENDENDO DE TODO ESTO, O DIRECTOR DE COMPETICIÓN DECICIRÁ SI A PROBA SE CELEBRA EN UN DÍA OU EN DOUS. Lembra que o xoves as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

¡Se queres competir inscríbete xa!

CAMPIONATO: 1º Proba Circuito Galego infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Prado surf Club e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 7 e 8 de Maio.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.

MODALIDADES:

Infantil (nados do 1997 en adiante) e Xuvenil (nados do 1993 ao 1996). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.    MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

PREZO:

8,00€ para os competidores que asistan “con técnico”.

12,00€ para os que asistan “sin técnicos”

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 5 de Maio as 13:00 horas

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail ( Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 5 de Maio as 13:00 horas.

icon Autorización Paterna (195.89 kB)

icon Formulario Dereitos de Imaxe (164.18 kB)


Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes e Mercores: 09:00 - 14:30

Xoves: 16:30 - 20:30 

Venres: 10:00 - 14:00



You are here