FGSURF.org - Federación Galega de Surf e Bodyboard

Luso-Galaico 2011 - 21 e 22 de Maio

O Surf Club de Viana vén por este medio dar coñecemento do XV Luso Galaico - clásico campionato entre surfistas galegos e portugueses - que este ano terá lugar os próximos días 21 e 22 de maio, na praia da Arda, Afife, en Viana do Castelo. O LG é organizado polo Surf Club de Viana, ininterrompidamente desde 1998, e estivo sempre asociado a momentos marcantes como foron: o Prestige "Nunca Máis", o Día da Mariña Portuguesa, os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da Surfrider Foundation, etc..

Video da FInal do Luso-Galaico 2010

A 14ª edición do LG 2011 é presenta a candidatura a evento oficial do Día Europeo do Mar, e caso sexa aceptado (estamos optimistas neste punto!), teremos un apoio institucional da Comisión Europea (DG Mare) e do Proxecto NEA2 "Nautisme Espace Atlantique 2" (POCTEA).

O Luso Galaico - Surf, Bodyboard e Longboard -  é un evento que mobiliza e aproxima os mozos de ambas rexións (Norte Portugal e Galiza) nun cadro competitivo, festivo e de amizade.

Para vosa información envío o link do Luso Galaico 2010 http://www.surfingviana.com/?lg=1&id=11

Este evento conta o apoio institucional da Federación Portuguesa de Surf, así como, do Concello de Viana do Castelo, Cámara de Comercio e Industria Luso Española, Agrupación Europea de Cooperación Territorial - Galiza Norte de Portugal, Surfrider Foundation Europe e da Capitania do Porto de Viana.

Cursos & Formación

 
 







      

        

Empresas Amigas

Info de Contacto:

Federación Galega de Surf e Bodyboard

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - oficina nº 17
Telf. +34 986 239095

36209 VIGO (Pontevedra)

Email: info@fgsurf.org


horario atencion:

Martes: 09:00 - 13:00

Mercores e xoves: 16:30 - 20:30 

Venres: 10:00 - 14:00


You are here