1ª Proba Infantil e Xuvenil de surf en Praia de Razo – Concello de Carballo (A Coruña)
Estimados surfistas,
Despois das noticias de onte por parte do alcalde de Barreiros, conforme nos notificaba vía telefónica que finalmente non iban colaborar en nada con respecto ao campeonato en Longara, a Federación Galega de surf decide tras varias xestions, trasladarse a praia de Razo, en Carballo (A Coruña). Dende aquí agradecemos enormemente ao Sr. Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e ao Concelleiro de deportes, Marcos Trigo, por facilitarnos axuda e colaborar coa Federación Galega de surf.
Recordade que a proba será este Domingo dia 17 na Praia de Razo – Concello de Carballo (A Coruña).
Hoxe as 13 horas cerra o prazo de inscripción, os que ainda están pensando en inscribirse recordade que debedes tramitar a vosa inscripción vía online a través da web www.fgsurf.org e enviar a autorización paterna a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou mediante fax ao 981 720118.
Calquera dubida, sempre poden dirixirse ao numero de teléfono 981 720118 ou no email Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Maña Sábado informarase a través da web da Federación, o horario e mangas para a competición.


























