SurfMarket.org

Querémosvos presentar Surfmarket.org un interesante proxecto galego e surfeiro en internet que xa leva 2 anos e pico funcionando e onda podes mercar e vender táboas de surf de segunda man e novas. Esta web é utilizada por particulares pero tamén profesionais do surf como tendas e escolas de surf que venden algo de material. Esta web está feita por surfeiros para surfeiros e conta con interesantes seccións de noticias, fotos, vídeos internacionais e previsións de ondas no Atlántico e no Mediterráneo.
Este mes fixeron varias actualizacións na súa web con cambio de imaxe e mellora na velocidade de carga pra adaptarse aos novos tempos e aumentar a calidade do seu servizo. Tamén temos que destacar que xa conta con máis de 2.400 followers no Twitter e máis dun millar de seareiros no Facebook o que lle fai ser a web galega de surf con maior número de usuarios nas Redes Sociais. A web está en oito idiomas incluído o galego.
Se tedes material de surf, body, paddle, kite, longboard, skate ou mesmo snowboard este é o mellor sitio pra publicar os vosos anuncios. Soamente tedes que crear a ficha de usuario, imprescindible rexistro, e logo publicar ata 18 anuncios. Hai tres zonas de venda en Galicia: Rías Baixas, Costa da Morte e Rías Altas que te axudarán a contactar con posibeis compradores na túa zona.
Podes visitala e rexistrarte en: http://www.surfmarket.org/























