Novos seleccionadores da FGS

Novos seleccionadores da FGS
19 de mayo de 2023
Novos seleccionadores da FGS

Reunido o comité de selección de seleccionadores e despois de estudar os diferentes currículums, determinan que, tanto pola súa proposta de selección, experiencia en competicións —tanto galegas como nacionais— como pola súa experiencia adestrando deportistas de base, o novo seleccionador galego de surf será Alberto Reimunde Veira, apoiado e formando equipo con Juan Fernández López.

Na área de bodyboard, o comité decidiu que continúe a súa labor Uxío Rodríguez; os seus dous Campionatos de España por autonomías, así coma os bos resultados dos últimos resultados do bodyboard galego fan que Uxío continúe.

Na vindeira semana publicaranse os novos criterios de selección das diferentes modalidades.

Federación Galega de Surf e Bodyboard